viernes, 14 de octubre de 2016

ANDURIÑA


Co proxecto Anduriña fomentaremos a curiosidade e a investigación, chegando a descubrir e apreciar as diferentes culturas que conviven no mundo, identificando os diferentes continentes nun mapamundi e o continente no que vivimos.

Descubriremos e traballaremos aspectos concretos de diferentes países, cidades, pobos, comunidades... comprendendo e respectando que hai diferentes grupos étnicos. 

Xogaremos a asociar o continente cos animais característicos e os trazos físicos da poboación que nel habita.

Descubriremos os monumentos máis importantes, as cores das bandeiras, a gastronomía, as diferentes linguas, e as peculiaridades do relevo dos países traballados. 

Asociaremos a climatoloxía do continente coa roupa utilizada polos seus habitantes. 

E en tódalas actividades expresaremos sentimentos, desexos e ideas utilizando os recursos expresivos do corpo e o movemento. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario